O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou o papel cada vez máis activo dos pacientes no sistema sanitario.
Para o conselleiro de Sanidade, o paciente fíxose consciente dos seus dereitos e o sistema debe aceptar este novo papel, “e por tanto temos tamén que desenvolver ferramentas para permitir e facilitar esta participación”. Así o salientou o conselleiro de Sanidade nun novo acto enmarcado na celebración do 25 aniversario da transferencia á Comunidade Autónoma das funcións e servizos do Instituto Nacional da Saúde.
No contesto destes actos, Rosendo Bugarín participou nunha mesa moderada por Pilar Farjas Abadía, enmarcada dentro dos actos que se están a celebrar para commemorar o 25 aniversario do Servizo Galego de Saúde.
Nesta mesa, dedicada aos pacientes participaron tamén José María Gómez e Días-Castroverde presidente da sala do contencioso-administrativo do TSJ de Galicia e José Joaquín Mira Solves, profesor da Univesidad Miguel Hernández de Elche.
A presentación da mesa correu a cargo de Antonio Férnandez- Campa, Xerente do Servizo Galego de Saúde.
![Conselleiro.jpg](/DPXerais/Conselleiro.jpg)
![IMG_6835.JPG](/DPXerais/IMG_6835.JPG)
![IMG-20160524-WA0001.jpg](/DPXerais/IMG-20160524-WA0001.jpg)
![Links relacionados Links relacionados](/_layouts/images/webtm/web/ligazons_link.png)
Links relacionados