Despois dun recambio valvular poden producirse fugas perivalvulares (FPV) que provocan insuficiencia cardíaca ou hemólise, e polo tanto deben ser reparadas.
O tratamento de elección para as FPV é a reintervención, non obstante en pacientes con alto risco cirúrxico a alternativa é o tratamento percutáneo das FPV co uso de dispositivos Amplatzer.
O obxectivo principal deste informe é avaliar a eficacia, efectividade e seguridade dos dispositivos Amplatzer en pacientes con FPV.
Links relacionados