A guía que se presenta a continuación é a ferramenta de acompañamento da Estratexia de Atención ao Parto Normal no SNS para facilitar a súa implementación por matronas, obstetras, pediatras, enfermaría e demais profesionais implicados na atención
ás mulleres no parto.

Esta Guía é o resultado do traballo dun amplo grupo de profesionales,procedentes de diferentes Comunidades Autónomas, que representan ao conxunto de disciplinas implicadas na atención ao parto normal. Tamén participaron, como membros de pleno dereito, mulleres pertencentes a asociacións involucradas en
o fomento duns coidados adecuados antes durante e tras o parto.

No proceso derevisión contouse con profesionais de recoñecido prestixio, pertencentes ás Sociedades
Científicas implicadas.


As recomendacións que se propoñen nesta guía están baseadas nas mellores evidencias científicas dispoñibles e son unha boa ferramenta para mellorar a atención, facilitar a participación das mulleres no seu parto e apoiar as iniciativas de mellora nos
servizos obstétricos dos nosos hospitais.


Temos o convencemento de que a utilización da guía vai contribuír a mellorar a calidade da atención que se presta no parto normal no noso país e vai incrementar a satisfacción tanto de profesionais coma das mulleres e as súas familias