Os programas de cribado neonatal teñen como obxectivo a identificación presintomática e o tratamento precoz de transtornos conxénitos tratables, para reducir a morbimortalidade e as posibles discapacidades asociadas a esas enfermidades. Estes programas deben garantir o acceso equitativo e universal de tódolos recén nados da poboación diana, coa correcta información ós pais para a axuda na toma de decisións.


O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade clínica do cribado neonatal dos seguintes erros conxénitos do metabolismo: acidemia metilmalónica; acidemia propiónica; tirosinemis tipo I