​A enfermidade renal crónica é un importante problema de saúde pública pola súa elevada prevalencia, a súa importante morbi-mortalidade cardiovascular, e os custos sociais e económicos que supón. As opcións finais de tratamento son a diálise ou un transplante de ril, pero existe unha brecha crecente entre o número de doadores e receptores, por iso é necesario aumentar o número e calidade dos órganos transplantados. A máquina de perfusión pulsátil pode presentar fronte á conservación en frío unha serie de vantaxes que permitan ampliar os criterios de doador e aumentar a produción de doadores de órganos falecidos.