​ Dado o envellecemento da poboación, a estenose aórtica representa un problema de saúde crecente en países desenvolvidos. Na actualidade, estímase que ata un 30% dos pacientes con estenose aórtica grave non son considerados candidatos para a cirurxía convencional por un elevado risco cirúrxico.

 O obxectivo deste estudo foi avaliar a eficacia e a seguridade da prótese valvuvar aórtica en pacientes con estenose aórtica sen sutura e determinar se o procedemento mellora a morbilidade e mortalidade hospitalaria de pacientes con risco cirúrxico elevado, en comparación coa cirurxía convencional e / ou implantación transcateter (TAVI).