a cardiopatía isquémica (CI) encóntrase dentro das cinco
principais causas de éxitus
en España, cunha taxa de mortalidade en torno aos 75 falecementos por 100 000 habitantes.

Actualmente o principal tratamento das lesións coronarias de novo é a intervención coronaria percutánea (ICP) mediante stents metálicos ou liberadores de fármacos.


No 2011 a media ICP
en España foi de 1373/106 habitantes. Recentemente, xurdiu unha nova xeración de stents biorreabsorbibles (Bioresorbable Vascular Scaffold, BVS) como complemento ou alternativa aos stents
metálicos liberadores de fármacos, co propósito de proporcionar soporte ao vaso durante polo menos 2 anos (período de reabsorción) sen as potenciais
limitacións a longo prazo que supón a existencia dunha estrutura metálica permanente.