As principais causas de fracaso endotelial corneal son a distrofia endotelial de Fuchs e a queratopatía bullosa do afáquico ou pseudofáquico. Nos casos máis graves o trasplante de córnea plantéxase como único tratamento onde a queratoplastia penetrante (QP) foi a técnica de referencia nos últimos 50 anos. Coa finalidade de diminuir as complicacións desta intervención desenvolvéronse novas técnicas englobadas dentro da denominada queratoplastia endotelial que se caracteriza polo recambio exclusivo das capas posteriores da córnea. Dentro desta, a queratoplastia endotelial automatizada con pelado da membrana de Descemet (DSAEK) preséntase como unha técnica novedosa con resultados prometedores.
 

 

O obxectivo deste informe é avaliar a eficacia/efectividade, seguridade e custos da técnica DSAEK sola ou en comparación coa QP en pacientes con fracaso endotelial corneal.

​