​Os sistemas de detección precoz de tecnoloxías novas e emerxentes teñen como obxectivo proporcionar información preliminar sobre a efectividade, seguridade, utilidade clínica e custos de tecnoloxías susceptibles dun alto impacto. Esta información se percibe crucial para planificar e organizar os servizos de saúde, así como para evitar o uso inadecuado daquelas potencialmente ineficaces e/ou inefectivas ou pouco seguras. Non obstante, seleccionar as tecnoloxías susceptibles de avaliación constitúe un gran reto para as axencias de avaliación. Este traballo, desenvolvido no marco da ?Red de Agencias de Evaluacion de Tecnologias Sanitarias y Prestaciones del SNS?, constitúe unha aportación innovadora neste campo, proporcionando unha lista de tecnoloxías novas e emerxentes priorizada de forma sistemática en base á perspectiva e valores dos profesionais implicados directa ou indirectamente na súa aplicación.

O obxectivo xeral deste traballo consiste en establecer un marco metodolóxico estruturado para a identificación, priorización e avaliación de tecnoloxías sanitarias novas e emerxentes susceptibles de ser incorporadas ao Sistema Nacional de Salud nos seguintes 1-2 anos.