A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia, avalia-t, acaba de editar o documento: “Observación de tecnologías sanitarias después de su introducción en la práctica clínica. Priorización y propuesta de protocolo de evaluación”. O obxectivo deste documento é continuar co proxecto posto en marcha no ano 2008-2009, destinado a establecer un marco metodolóxico estruturado para observar o que ocorre tras a introdución das novas tecnoloxías na práctica clínica.

 


Este documento describe os resultados da aplicación e validación da ferramenta de priorización desenvolvida por avalia-t para seleccionar aquelas tecnoloxías susceptibles de realizar un estudio de observación post-introdución (PriTectool) e presenta un protocolo de estudio piloto para ilustrar o desenvolvemento de este tipo de estudios.

Este documento, froito dun proxecto anterior de colaboración coordinado por avalia-t, no que participaron outras cinco axencias/unidades de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, desenvolveuse no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade e Política Social.

O documento completo pódese obter na web de avalia-t, onde tamén está dispoñible a guía metodolóxica publicada con anterioridade.