Tras a implantación dun marcapasos a porción endovascular do eléctrodo sofre un proceso de endotelización. Nas zonas de contacto do eléctrodo coa parede vascular ou o endocardio este proceso de endotelización crea adherencias do eléctrodo á parede. O crecemento destas adherencias constitúe o principal obstáculo para a extracción eficaz e segura dos implantes crónicos, xa que aumenta o risco de danar as estruturas vasculares ou a parede do miocardio.
 
A aparición dos sistemas de extracción percutáneos, como o técnicas láser, que alcanzan elevadas taxas de éxito e diminúen o risco do procedemento para o paciente, supuxeron un aumento progresivo das indicacións de extracción, xa que os eléctrodos que anteriormente se abandonaban no territorio vascular ou cuxa extracción fracasaba ou estaba contraindicada por outros métodos, poden retirarse eliminando os riscos asociados á toracotomía.
 
Estre traballo avalía a eficacia/efectividade e seguridade da extracción de eléctrodos de marcapasos e desfibriladores automáticos implantables mediante o láser excimer.Estre traballo avalía a eficacia/efectividade e seguridade da extracción de eléctrodos de marcapasos e desfibriladores automáticos implantables mediante o láser excimer.