Pritec é unha aplicación web de execución automática cuxo obxectivo é facilitar o proceso de priorización de tecnoloxías susceptibles de observación post-introdución e o de priorización para a avaliación de tecnoloxías potencialmente obsoletas. Permite comparar ata 50 tecnoloxías de forma simultánea e xera un informe de priorización que inclúe os principais resultados en formato de táboas e gráficos.

  A metodoloxía aplicada foi a desenvolvida en dous proxectos elaborados no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde, ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo dependente do Ministerio de Sanidade e Consumo.​