​O proxecto de adaptación ó español do glosario da INAHTA (HTA glossary) iniciouse en 2008 a proposta da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t), que asumiu a coordinación do proxecto, contando dende o seu inicio co soporte da secretaría de INAHTA e a colaboración da Agence d'Évaluation des Technologies et des Modes d'Intervention en Santé (AETMIS) de Quebec, Canadá, que facilitou o uso da plataforma Wiki posta en marcha por esta organización para a adaptación do glosario ó francés (http://htaglossary.net)

Para elaborar o glosario de ETS, realizouse unha primeira tradución encargada por avalia-t a tradutores profesionais. Posteriormente, os termos foron revisados por expertos nacionais de diferentes ámbitos e disciplinas. En novembro de 2009, constituíuse formalmente o Comité Editorial, coordinador por avalia-t e integrado por todos os membros de INAHTA que editan en español e os membros de AUNETS. A súa función principal é consensuar a versión definitiva dos termos do glosario.

 

 

O Comité Editorial acordou tomar como referente o glosario da INAHTA e que as propostas de novos termos, ou modificacións maiores nas definicións, foran remitidas directamente a INAHTA, como propostas para incorporar as novas edicións do glosario da INAHTA.
A sistemática de traballo acordada basease na participación activa de todos os integrantes do Comité Editorial, xa que todos eles coordinan áreas temáticas específicas do glosario. Do mesmo xeito, acordouse incluír para aqueles termos que considerase oportuno o Comité Editorial, unha versión adaptada para América Latina.

 

A través deste proxecto pretendese dispor dun único glosario, unificando a terminoloxía e as definicións utilizadas polas diferentes organización do ámbito da avaliación de tecnoloxías. Esperamos tamén que este glosario contribúa a mellorar a difusión dos documentos de avaliación editados en castelán así como a correcta tradución dos documentos editados.