avalia-t, xunto co Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Andalucía (AETSA), por parte española, forma parte do Consorcio "Shaping European Early Dialogues for health technologies" (SEED) integrado por 14 axencias de avaliación de tecnoloxías sanitarias europeas, liderado pola axencia francesa "Haut Autorité de Santé" (HAS).
 O obxectivo deste Consoricio é a realización de proxectos pilotos de diálogo temperán (early dialogue) entre as axencias de avaliación de tecnoloxías e os desarrolladores de produtos de saúde, medicamentos e dispositivos médicos, na fase de desenvolvemento destes produtos