Este proxecto, coordinado por avalia-t e enmarcado na actualización da Guía de Práctica Clínica sobre a depresión maior na infancia e na adolescencia,  puxo en marcha un método participativo denominado Photovoice, que emprega fotografías e discusións grupais para integrar a visión destes pacientes.  A exposición desta iniciativa, ten como obxectivo visibilizar a vivencia e a perspectiva dos adolescentes con depresión e a súas familias e promover a concienciación social sobre os problemas de saúde mental. Ademáis é un exemplo da posta en práctica de metodoloxías participativas para promover a implicación dos pacientes en todas as fases da asistencia sanitaria, dende a planificación ata a toma de decisións.


 
Grupo_4.jpgMazaira.jpgGrupo.jpg

 

A exposición estará dúas semanas na Consellería de Sanidade, e posteriormente iniciarase a súa itinerancia polos hospitais galegos.

FullSizeRender (0).jpgFullSizeRender (1).jpgFullSizeRender (2a).jpgFullSizeRender (3).jpg

14566294_1707504652910089_1777720276442604684_o.jpg14682129_1707504649576756_9011723921527273987_o.jpg