O cancro hepático é unha das principais causas de morte a nivel mundial, sendo por frecuencia, o quinto diagnosticado en homes e o noveno en mulleres. O tratamento é inicialmente mediante a resección cirúrxica, pero esta non pode realizarse en todos os pacientes. Así, nos últimos anos desenvolvéronse novas técnicas para aqueles pacientes nos que a resección está contraindicada, entre estas atópanse a ablación por radiofrecuencia (ARF) e a ablación por microondas (AMO).
O obxectivo deste informe é avaliar a eficacia/efectividade e a seguridade da ablación mediante microondas fronte á radiofrecuencia no tratamento de tumores hepáticos primarios e secundarios.