A insuficiencia cardíaca (IC) constitúe unha epidemia a nivel mundial que contribúe de maneira importante ao gasto sanitario en países desenvolvidos. A pesar do avance experimentado durante os últimos 20 anos no tratamento médico da IC, a porcentaxe de pacientes nos que se produce un progreso da enfermidade a un estadio avanzado ou terminal segue sendo elevado. Cando a terapia médica deixa de ser efectiva, o transplante cardíaco é considerado o tratamento de elección. Con todo, debido á limitada dispoñibilidade de órganos e o tempo de espera ata que estea dispoñible un órgano compatible, os dispositivos de asistencia ventricular esquerda (DAVI) son unha opción terapéutica aceptable. No caso de pacientes que presentan contraindicación permanente a transplante cardíaco debido a idade ou comorbilidades os DAVI empregados como terapia de destino constitúen unha das principais opcións.
 Este informe analiza a seguridade, efectividade, así como as consideracións de implementación, aspectos económicos, organizacionales, sociais, éticos ou legais derivadas do uso dos DAVI como terapia de destino.