O termo glaucoma fai referencia a un grupo de enfermidades oculares que orixinan un dano no nervio óptico que conduce á perda de visión. A presión intraocular alta (PIO) é o factor de risco maior e o único que pode ser modificado, por eso o tratamento baséase na redución da PIO. 
Os tratamentos primarios constan de medicación tópica, en forma de colirios e/ou trabeculoplastia láser, cando estes non funcionan, ou cando hai intolerancia á medicación, recórrese á cirurxía.
De forma xeral, a cirurxía de elección é a trabeculectomía (cirurxía perforante); sen embargo, hoxe en día existen alternativas de cirurxías incisionales ou microincisionales de glaucoma (CMIG) que son mais seguras e igual de efectivas. Dentro destas últimas está o implante AqueSys XEN-45®.
O obxectivo deste informe é avaliar mediante revisión sistemática o implante AqueSys XEN-45® para o tratamento do glaucoma primario de ángulo aberto (GPAA) en relación coa súa efectividade e seguridade fronte á terapia estándar (trabeculectomía).​