O presente traballo, incluído nos Plans de traballo 2015-2017 da Rede Española de axencias de Avaliación de Tecnoloxías (RedETS), xorde a petición da Comisión de Prestacións, Aseguramiento e Financiamento, dependente do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, co propósito de mellorar o procedemento de priorización das tecnoloxías para avaliar pola RedETS. O desenvolvemento dun procedemento sistemático, que defina os pasos, etapas e requisitos de información para a identificación e priorización de tecnoloxías a avaliar, responde á necesidade mellorar a obxectividade, transparencia e aceptabilidade do proceso.

 O obxectivo principal deste informe é desenvolver unha ferramenta que facilite á Comisión de Prestacións, Aseguramiento e Financiamento seleccionar e priorizar, dunha forma obxectiva e sistemática, as tecnoloxías sanitarias a avaliar pola RedETS para a súa inclusión/exclusión ou modificación de condicións de uso en carteira de servizos.