A sialoendoscopia é unha técnica diagnóstico/terapéutica minimamente invasora que permite a visualización directa do conduto salival mediante a introdución dun endoscopio de pequeno calibre. Inicialmente utilizada con propósito diagnóstico, na actualidade realízase con fins terapéuticos para o tratamento da patoloxía salival obstrutiva.
O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade e seguridade da sialoendocopia como técnica diagnóstica/terapéutica no manexo de procesos salivais obstrutivos.
![Links relacionados Links relacionados](/_layouts/images/webtm/web/ligazons_link.png)
Links relacionados