As feridas crónicas son un grupo complexo e heteroxéneo de procesos en cuxa etiología interveñen gran variedade de factores, aínda que, aproximadamente o 70 % das mesmas poden clasificarse como úlceras de presión, diabéticas ou vasculares, sendo menos frecuentes as de causa inflamatoria, tumoral ou por axentes físicos (queimaduras ou por radiación).
 A prevalencia das feridas crónicas é dependente da idade, xa que segundo envellecemos hai unha perda da función dos nervios sensitivos, os cales posúen un importante papel no proceso da cicatrización.
 Unha vez establecida a ferida crónica, o tratamento convencional incorpora os principios comúns aplicados ao manexo xeneral das mesmas, como son o desbridamiento do tecido necrótico, o mantemento dun leito de ferida óptimo e o control da infección. Para as feridas crónicas que non cicatrizan co tratamento convencional poden considerarse unha serie de tratamentos alternativos como a estimulación eléctrica, a administración de osíxeno hiperbárico, os ultrasonidos ou o tratamento con presión negativa ou por baleiro.Unha vez establecida a ferida crónica, o tratamento convencional incorpora os principios comúns aplicados ao manexo xeneral das mesmas, como son o desbridamiento do tecido necrótico, o mantemento dun leito de ferida óptimo e o control da infección. Para as feridas crónicas que non cicatrizan co tratamento convencional poden considerarse unha serie de tratamentos alternativos como a estimulación eléctrica, a administración de osíxeno hiperbárico, os ultrasonidos ou o tratamento con presión negativa ou por baleiro.
 O obxectivo deste traballo é avaliar a eficacia e seguridade da presión negativa no tratamento de feridas crónicas, de acordo ao estado de coñecemento actual; elaborar uns criterios de selección dos pacientes subsidiarios deste tratamento e realizar recomendacións de utilización no noso contexto socio-sanitario.