2016 Xornada da Exposición Photovoice: fotografando a depresión na infancia e a adolescencia (10 outubro, Santiago de Compostela) O 10 de Outubro, día Mundial da Saúde Mental, tivo lugar no salón de actos da Consellería de Sanidade ás 11:30 h. a Xornada da Exposición Photovoice: fotografando a depresión na infancia e a adolescencia. Este proxecto, coordinado por avalia-t e enmarcado na actualización da Guía de Práctica Clínica sobre a depresión maior na infancia e na adolescencia, puxo en marcha un método participativo denominado Photovoice, que emprega fotografías e discusións grupais para integrar a visión destes pacientes. A exposición desta iniciativa, ten como obxectivo visibilizar a vivencia e a perspectiva dos adolescentes con depresión e a súas familias e promover a concienciación social sobre os problemas de saúde mental. Ademáis é un exemplo da posta en práctica de metodoloxías participativas para promover a implicación dos pacientes en todas as fases da asistencia sanitaria, dende a planificación ata a toma de decisións. A exposición estará dúas semanas na Consellería de Sanidade, e posteriormente iniciarase a súa itinerancia polos hospitais galegos. Enviar a un amigo 709 votos Votar Votar Imprimir Converter en PDF Compartir 1 Clasificación Categorías: Difusión