Sonia Martinez Arca, directora da Axencia de Coñecemento en Saúde, ACIS e Leonor Varela Lema, en representación da Unidade Científico-técnico,  avalia-t de ACIS, participaron na reunión da Joint Action 3 de EunetHTA, o 3 de marzo en Amsterdam.


O obxectivo xeral desta acción conjuntade EunetHTA, na que participan 75 membros de 27 países da Unión Europea, é reforzar a colaboración en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (ETS) a nivel europeo e aumentar o uso, calidade e eficiencia do traballo conxunto.

http://ec.europa.eu/dgs/health_food-safety/dyna/enews/enews.cfm?al_id=1668


Á reunión asistiron representantes de Comisión Europea, as organizacións de avaliación de tecnoloxías sanitarias, reguladores, grupos de pacientes, clínicos, industria e academia. Durante a reunión analizáronse as principais barreiras para a colaboración en ETS e discutíronse as posibles estratexias para impulsar a transición a unha colaboración sostenible neste ámbito.

Durante o debate púxose de manifesto a vontade e compromiso de todos os estados membros coa colaboración conxunta. A reunión deu lugar ao seguinte día a un artigo na prestixiosa revista "Health POLITICO-Prol", que abriu a noticia coa seguinte frase "o apoio para un enfoque europeo centralizado en avaliación de tecnoloxías sanitarias está cobrando impulso a nivel das autoridades nacionais e rexionais nos Estados Membros"

http://www.eunethta.eu/news/eunethta-ja3-kick-meeting-was-held-amsterdam-netherlands-march-3-2016