A calidade dos documentos indexados pola NGC está avalada polos rigorosos criterios de inclusión da mesma:
- a GPC a texto completo debe estar dispoñible en inglés, xa sexa en formato impreso ou electrónico,
- guías elaboradas por asociacións profesionais, sociedades científicas relevantes, ou organizacións públicas ou privadas,
- as GPCs están baseadas na revisión sistemática da evidencia, como o demostran as seguintes características:
inclusión de forma sistemática de recomendacións e información para médicos, outros profesionais sanitarios e/ou pacientes,
información orientada á toma de decisións sobre o coidado de saúde,
inclusión dunha procura bibliográfica detallada, que garanta a reproducibilidade e validación,
descrición da selección de estudos coa inclusión de táboas de evidencia.