O suicidio representa un grave problema de Saúde Pública con ao redor dun millón de mortes anuais en todo o mundo, sendo a décima causa de morte en Europa. En España suicídanse nove persoas ao día, feito de gran repercusión emocional, social e económica no ámbito das persoas falecidas. É por iso de grande importancia a adopción de medidas e o desenvolvemento de estratexias encamiñadas á diminución da conduta suicida como se recolle na Estratexia de Saúde Mental do SNS que contempla entre os seus obxectivos a prevención do suicidio e a avaliación de accións específicas para diminuír táxaas de suicidio en grupos de risco.
O propósito desta GPC é contribuír a reducir a variabilidade da práctica clínica no manexo da conduta suicida, axudando á toma de decisións por parte dos profesionais sanitarios implicados e favorecendo a mellora na saúde e a calidade de vida da poboación.
Pretende ademais mellorar a información de pacientes e familiares favorecendo a súa participación na toma de decisións e mellorar a información de toda a cidadanía de maneira que se logre reducir o estigma asociado a este problema de saúde.
Esta guía é o resultado do grande esforzo realizado por profesionais expertos en metodoloxía e profesionais sanitarios dos distintos ámbitos clínicos relacionados co manexo da conduta suicida, tanto en Atención Primaria coma en Atención Especializada.
Dende avalia-t agradecemos a todos eles o traballo realizado e felicitámolos por esta GPC que esperamos permita mellorar o trato e a atención sanitaria que reciben estes pacientes.

Links relacionados