​ O obxectivo deste informe é avaliar a eficiencia da implantación dun programa de vacinación fronte ao neumococo en poboación pediátrica. Para iso realizouse unha revisión sistemática de avaliacións económicas nas que se comparan os custos e beneficios dun programa de vacinación fronte á alternativa de non realizalo.

Ata o momento, as avaliacións económicas realizadas sobre o impacto orzamentario e os resultados en saúde da introdución universal da vacina fronte ao neumococo no calendario infantil, o son da vacina heptavalente e presentan resultados moi variables, debido á incerteza existente respecto da taxa de incidencia da enfermidade, da eficacia vacínica, da duración da súa protección e dos efectos a longo prazo sobre a epidemioloxía da enfermidade neumocócica.Ata o momento, as avaliacións económicas realizadas sobre o impacto orzamentario e os resultados en saúde da introdución universal da vacina fronte ao neumococo no calendario infantil, o son da vacina heptavalente e presentan resultados moi variables, debido á incerteza existente respecto da taxa de incidencia da enfermidade, da eficacia vacínica, da duración da súa protección e dos efectos a longo prazo sobre a epidemioloxía da enfermidade neumocócica.
 
 Nembargantes, a pesar desta incerteza e heteroxeneidade e da posibilidade da existencia de conflitos de interese, obsérvase que a maioría das avaliacións, cando incorporan a inmunidade comunitaria e a perspectiva da sociedade, mostran un favorable cociente custo-efectividade da vacina fronte ao neumococo.