A decisión de adoptar unha nova tecnoloxía por parte dos responsables sanitarios é un proceso complexo que implica tomar múltiples decisións de forma rápida. A avaliación de tecnoloxías sanitarias constitúe a ferramenta fundamental para que as decisións sobre o uso das tecnoloxías sanitarias estean apoiadas por información de calidade. Os sistemas de detección de novas tecnoloxías sanitarias permiten a identificación precoz destas e a súa avaliación antes de que estean aplamente difundidas, e danlles tempo a os profesionais e aos reponsables sanitarios de decidir en torno a sua introdución o autorización.
 O obxectivo dun programa de detección de tecnoloxías sanitarias emerxentes e establecer un sistema de avaliación, identificación e difusión de novas tecnoloxías sanitarias que lles proporcione unha información adecuada aos profesionais e aos responsables sanitarios para axudar na toma de decisións e promover a utilización das tecnoloxías máis efectivas, beneficiosas e seguras.​​​​