O tratamento de elección para a estenose aórtica grave sintomática é o recambio valvular cirúrxico, non obstante, non é posible realizalo en todos os pacientes. O implante transcatéter de prótese valvular aórtica (TAVI) formulouse como unha alternativa á substitución valvular cirúrxica en pacientes con contraindicación para a cirurxía valvular aórtica ou con elevado risco cirúrxico.

 

Neste documento desenvolvéronse indicadores de calidade, baseados na evidencia científica e a opinión de expertos, que permitan monitorizar o implante transcatéter en termos de seguridade, efectividade e impacto organizativo.
 
A proposta inicial de indicadores de calidade baseouse na revisión sistemática da literatura científica sobre a eficacia e seguridade do implente valvular transcatéter.
 
A selección e definición dos indicadores definitivos realizouse coa colaboración dun grupo de expertos clínicos do Sistema Nacional de Saúde, que cualificaron os indicadores propostos segundo a súa importancia, seguindo o método RAND/UCLA.