Os obxectivos desta guía son:
- Elaboración de criterios de derivación e priorización de pacientes con hernia inguino-crural, dende o primeiro nivel asistencial ao especializado.
- Elaboración de criterios de indicación cirúrxica no nivel especializado e de priorización de pacientes na lista de espera cirúrxica.
- Avaliación da efectividade e seguridade das técnicas cirúrxicas abertas, con prótese e non, de reparación da hernia inguino-crural, valorando a frecuencia de recidivas e doutros resultados clínicos, así como a presentación de complicacións, tanto a curto como largo prazo.
- Avaliación comparativa da efectividade e seguridade das técnicas cirúrxicas laparoscópicas fronte ás técnicas abertas, e entre a técnica laparoscópica totalmente extraperitoneal (TEP) e a transperitoneal (TAPP).
- Avaliación da efectividade e seguridade da CMA na reparación programada da hernia inguino-crural, en comparación coa cirurxía con hospitalización convencional.
- Elaboración de criterios de selección de pacientes con hernia inguinocrural susceptibles de ser intervidos mediante CMA e establecemento de criterios de priorización en lista de espera cirúrxica.
- Proposta de indicadores específicos para avaliación da calidade da
CMA.

Links relacionados