​Este documento foi elaborado grazas ao financiamento dun proxecto investigación competitivo en avaliación de tecnoloxías sanitarias do Instituto de Saúde Carlos III. O seu obxectivo principal é coñecer a efectividade e seguridade da radioterapia intraoperatoria no tratamento de tumores mamarios e colorrectales.

A radioterapia intraoperatoria (RIO) consiste basicamente na administración, no acto cirúrxico de extirpación do tumor, dunha dose de radiación que elimine todas as células malignas do leito tumoral. A radioterapia intraoperatoria ten vantaxes potenciais, como evitar o tempo que transcorre entre a cirurxía e a radioterapia externa e preservar in situ os tecidos sans dos efectos daniños da radiación, sendo polo tanto un tratamento prometedor no ámbito da oncoloxía radioterápica.