A artrose é a patoloxía máis frecuente do aparello locomotor, atopándose cambios radiolóxicos no 70% dos maiores de 50 anos. É a causa máis frecuente de incapacidade nas persoas maiores. A artrose de cadeira ou coxartrose é máis frecuente en homes por baixo dos 50 anos de idade. Por encima desta idade a proporción invístese sendo máis frecuente en mulleres.
O ácido hialurónico (AH) é un mucopolisacárido amplamente distribuído no organismo que demostrou ser tan eficaz como os corticoides intraarticulares na artrose de xeonllo pero cun efecto máis mantido no tempo.

 O obxectivo deste traballo é determinar a eficacia e a seguridade do AH intraarticular no tratamento da artrose de cadeira mediante unha revisión sistemática.