A depresión é unha enfermidade frecuente en todo o mundo, e calcúlase que afecta a máis de 300 millóns de persoas. Non se debe confundir a depresión coas variacións habituais do estado de ánimo e das respostas emocionais breves aos problemas da vida cotiá. Pode converterse nun problema de saúde serio, especialmente cando é de longa duración e intensidade moderada a grave, e pode causar gran sufrimento e alterar as actividades laborais, escolares e familiares. No peor dos casos pode levar ao suicidio. Cada ano suicídanse preto de 800 000 persoas, e o suicidio é a segunda causa de morte no grupo etario de 15 a 29 anos.
 Avalia-t publicou distintos traballos relacionados con este tema, desde Guías de Práctica Clínica, ata material para pacientes. Actualmente avalia-t está a traballar na actualización da Guía de Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e na Adolescencia, e estase realizando unha exposición itinerante titulada: "Así vexo eu a depresión: fotografando a depresión na infancia e a adolescencia" Unha recompilación de fotografías realizadas por nenos/as ou os seus familiares, afectados por este problema.