A OMS presta especial atención á Depresión no día mundial da saúde (07 abr 2017) Baixo o lema "Falemos da depresión", a OMS elaborou unha campaña con carteis e información para pacientes. Cada cartel representa unha conversación entre dúas persoas sobre a depresión. A depresión é unha enfermidade frecuente en todo o mundo, e calcúlase que afecta a máis de 300 millóns de persoas. Non se debe confundir a depresión coas variacións habituais do estado de ánimo e das respostas emocionais breves aos problemas da vida cotiá. Pode converterse nun problema de saúde serio, especialmente cando é de longa duración e intensidade moderada a grave, e pode causar gran sufrimento e alterar as actividades laborais, escolares e familiares. No peor dos casos pode levar ao suicidio. Cada ano suicídanse preto de 800 000 persoas, e o suicidio é a segunda causa de morte no grupo etario de 15 a 29 anos. Avalia-t publicou distintos traballos relacionados con este tema, desde Guías de Práctica Clínica, ata material para pacientes. Actualmente avalia-t está a traballar na actualización da Guía de Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e na Adolescencia, e estase realizando unha exposición itinerante titulada: "Así vexo eu a depresión: fotografando a depresión na infancia e a adolescencia" Unha recompilación de fotografías realizadas por nenos/as ou os seus familiares, afectados por este problema. Links relacionados OMS Día Mundial da Saúde - 7 de abril de 2017 Guía de Práctica Clínica sobre el Manejo de la Depresión en el Adulto Guía de Práctica Clínica sobre la Depresión Mayor en la Infancia y en la Adolescencia Guía de Práctica Clínica de prevención y tratamiento de la conducta suicida Información para cidadáns ¿Como mellorar a práctica clínica da depresión?. Unha aproximación cualitativa Así vexo eu a miña depresión: fotografiando a depresión na infancia e a adolescencia Enviar a un amigo 461 votos Votar Votar Imprimir Converter en PDF Compartir 1 Clasificación Categorías: Difusión Producción científica, Especialidades