O chaleco desfibrilador externo LifeVest® de ZOLL Medical Corporation, é un dispositivo que monitorea ós pacientes que se atopan en risco de presentar un paro cardíaco súbito, secundario a arritmias ventriculares malignas (taquicardia ventricular ou fibrilación ventricular) que poñen en perigo a vida e que son a principal causa reversible de morte súbita cardíaca. 
 Consta de tres compoñentes principais, por unha banda, unha peza de roupa que rodea o tórax e que inclúe o cinto de eléctrodos sensores secos, non adhesivos, encargados de detectar ritmos anormais potencialmente mortais, cando isto sucede, o dispositivo alerta o paciente mediante alarmas visuais e sonoras antes de emitir a descarga, se o paciente está consciente permítelle retardar o tratamento. Cando o paciente está inconsciente o dispositivo libera o xel condutor nos eléctrodos provocando unha descarga eléctrica co fin de establecer o ritmo normal. Outro dos compoñentes é un  monitor ao que se conectan tamén os eléctrodos e que rexistra continuamente a frecuencia cardíaca para proporcionar datos electrocardiográficos dixitalizados para a súa revisión médica.