RedETS2019.jpg 
 
 
 Avalia-t, ACIS xunto ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e ás outras Axencias autonómicas da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias (RedETS) colaboraron na celebración destas Xornadas, nas que se desenvolveron varios talleres de formación específicos acerca da avaliación económica, os procedementos de incorporación de profesionais e a síntese de evidencias cualitativas, así como o acceso aberto ás publicacións científicas.

 O venres 22 tivo lugar a xornada aberta que levaba como lema o Futuro da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias en España e Europa e que contou con tres interesantes mesas de debate tituladas: Experiencias de participación de axentes de interese en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias; a Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias na toma de decisións; e o Futuro da ETS post 2020 en Europa.