A electroporación irreversible (IRE) é unha técnica non térmica de ablación de tecidos que permite a destrución celular por medio dunha serie de pulsos eléctricos curtos e de alta voltaxe. A ausencia dun efecto térmico fai que poida ser efectiva na ablación de tumores nas proximidades dos vasos sanguíneos principais, estruturas nerviosas e, no caso do fígado, dos condutos biliares. 

 O obxectivo deste informe é analizar a seguridade, efectividade, así como as consideracións de implementación, aspectos económicos, organizacionais, sociais, éticos ou legais derivados do uso da IRE para o tratamento de cancro de páncreas e fígado.