A electroporación irreversible (IRE) é unha técnica non térmica de ablación de tecidos que permite a destrución celular por medio dunha serie de pulsos eléctricos curtos e de alta voltaxe. A ausencia dun efecto térmico fai que poida ser efectiva enla ablación de tumores nas proximidades de vasos sanguineos principais, estruturas nerviosas e, no caso do fígado, de condutos biliares.

 O obxectivo do informe foi a avaliar a seguridade, eficacia e efectividade da braquiterapia de alta taxa de dose en tratamentos de tumores de lingua móbil fronte a outros tratamentos, mediante a análise de toxicidade, control local e rexional, supervivencia e calidade de vida. O traballo pretende facilitar aos responsables sanitarios información científica de calidade que axude a toma de decisións sobre a incorporación de novas tecnoloxías.