O ictus isquémico agudo supón en España unha importante
causa de morbimortalidad, cunha incidencia anual de 118 casos/100 000 habitantes e unha mortalidade de 29 casos por 100 000 habitantes/ano.


Actualmente, o tratamento de elección para o ictus é o activador tisular do plasminóxeno recombinante (rt-PA) por vía intravenosa, administrado dentro das 4,5 horas tras o inicio dos síntomas. Non obstante, este fármaco presenta unha estreita ventá terapéutica e non sempre consegue a recanalización. Debido a iso xorden diversas técnicas de recanalización por vía intraarterial como a trombectomía mecánica mediante o emprego de diversos dispositivos (Merci®, Penumbra®, etc.) cuxa finalidade é eliminar o trombo mediante aspiración, disrupción ou captura/extracción, como unha
opción terapéutica en pacientes non candidatos a rtPA ou nos que fracasou.


Co obxectivo de mellorar os resultados clínicos dos seus predecesores, recentemente desenvolvéronse os stents retrievers (SolitaireTM, Trevo® ou ReviveTM).