​O termo glaucoma fai referencia a un grupo de enfermidades oculares que orixinan un dano no nervio óptico, na maioría dos casos débese ao aumento da presión intraocular (PIO). O glaucoma de ángulo aberto (GAA) é o máis común e o seu tratamento baséase na redución da PIO. Unha das alternativas cirúrxicas é a canaloplastia, unha técnica de cirurxía filtrante non perforante cuxo obxectivo é a restitución ao completo da vía de drenaxe fisiolóxica.

 O obxectivo deste informe é avaliar o procedemento de canaloplastia para o tratamento do GAA en relación coa súa efectividade e seguridade. As variables avaliadas serán os cambios na PIO e a redución de fármacos necesarios para o control da presión.