​O obxectivo deste informe é avaliar a eficacia diagnóstica da técnica PET ou PET/TAC con radiotrazadores análogos da colina no diagnóstico inicial do cancro de próstata, así como no sua estadificación e detección de metástase.

 

 

Para iso realizouse unha revisión sistemática da literatura científica dos que corenta e oito estudos cumpriron os criterios de inclusión. Os resultados desaconsellan a obtención de imaxes con PET ou PET/TAC no diagnóstico inicial do cancro de próstata ou na estadificación ganglionar, aínda que si parece de utilidade na re-estadificación de pacientes con sospeita de recidiva tras un tratamento radical previo, e na detección precoz de metástases óseas.