​A hipertensión arterial é un importante factor de risco de enfermidade coronaria e cerebrovascular e de insuficiencia cardíaca e renal. A hipertensión arterial resistente, definida como aquela que persiste a pesar da administración de tres ou máis fármacos antihipertensivos en doses axeitadas, constitúe un desafío terapéutico e é un importante factor de risco cardiovascular e de mortalidade.

Co fin de avaliar a eficacia e seguridade da técnica de denervación simpática renal mediante ablación con catéter de radiofrecuencia endovascular a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia acaba de publicar unha revisión sistemática da literatura científica sobre o tema.