​A depresión do adulto supón un importante problema de saúde debido á súa elevada prevalencia, á minusvalidez e alteración da calidade de vida que xera e ao seu enorme impacto económico. Ademais, é coñecida a variabilidade no seu manexo, con diferentes actitudes terapéuticas, de derivación ou de seguimento.​A depresión do adulto supón un importante problema de saúde debido á súa elevada prevalencia, á minusvalidez e alteración da calidade de vida que xera e ao seu enorme impacto económico. Ademais, é coñecida a variabilidade no seu manexo, con diferentes actitudes terapéuticas, de derivación ou de seguimento.

 Esta guía de práctica clínica aborda a depresión no adulto e é o resultado do traballo dun grupo de profesionais pertencentes ás diferentes disciplinas que integran a asistencia do paciente con depresión. Os integrantes do grupo redactor dedicaron moitas horas á elaboración das recomendacións que sen dúbida axudarán a mellorar a atención sanitaria que se presta tanto na atención primaria coma na especializada. No proceso de revisión, a guía contou coa colaboración das sociedades científicas e as asociacións de pacientes implicadas directamente neste problema de saúde. ​