​A válvula Perceval S, modificación do modelo Sorin Pericarbo, é unha prótese de pericardio bovino montada sobre un stent de nitinol, que se utiliza como substitución no recambio valvular aórtico.

Caracterízase por dous segmentos anulares, no extremo proximal e distal, sustentados por varios elementos conectores, que se subministra sen montar. Antes da implantación, o diámetro da prótese redúcese ata o tamaño adecuado para logo montala sobre o soporte.

A continuación, colócase na válvula e libérase na raíz aórtica. Fíxase ao anel aórtico mediante tres puntos de sutura (a través dos bucles laterais), desprégase xirando un parafuso de liberación
e expándese totalmente mediante un catéter-balón (1). Comercialízanse ata a data tres tamaños: S (small) de 21 mm, M (médium) de 23 mm, e L (large) de 25 mm. Cada tamaño é adecuado para unha serie de aneis aórticos e diámetros senotubulares, polo que é esencial recoller as medidas anatómicas do paciente e valorar a viabilidade.