​O dispositivo Dx-pH Measurement System® (Respiratory Technology
Corp., San Diego, CA, USA) é un sistema para a medición do pH farínxeo, tanto líquido como aerosolizado. Consta dun sensor con forma de bágoa que inclúe tanto o electrodo de antimonio coma o de referencia, cun tamaño menor de 1 mm de diámetro.

O electrodo de antimonio é resistente, axeitado para o rexistro continuo e o seu intervalo de utilización é entre valores de pH de 2 a 8. O sensor está orientado cara a abaixo para evitar ser recuberto por alimento ou moco e incorpora unha luz LED (Light-Emitting Diode) que axuda ao clínico na súa colocación.


Antes do seu uso é preciso calibrar o dispositivo en solucións de pH
4 e pH 7. O sensor, montado no extremo dunha sonda, introdúcese a través dun orificio nasal ao que previamente se administrou un xel anestésico local de lidocaína ao 2%.

A posición máis axeitada do sensor vén dada cando pode observarse a luz LED 5-10 mm por debaixo da
úvula. A sonda fíxase á cara do paciente con fita adhesiva para evitar que se mova. O pH mídese cunha frecuencia de dúas veces por segundo e transmítese de

 forma inarámica a unha tarxeta de memoria (Dx Recorder®).
Os datos poden ser analizados posteriormente nun ordenador mediante un programa específico (Dx-pH DataView Lite®). A duración media da proba é dunhas 24 horas (18-48 horas) ao longo da cal recóllense datos de pH que á súa vez é cotexado con información recollida durante o estudo sobre inxestión de alimentos, aparición de síntomas e períodos de repouso e de actividade.

 O dispositivo dispón tamén dun accesorio (Dx-Sleep Adapter®) que permite monitorizar o pH durante os períodos de sono e axuda a relacionar o refluxo con síntomas respiratorios e con interrupcións do sono.