​Un ámbito sanitario cada vez máis complexo e un crecemento exponencial da produción científica fan preciso coñecer os recursos de información específicos para o seu uso eficiente. Non obstante, o profesional sanitario encontra numerosas barreiras para coñecer os procedementos implicados e o manexo de cada un dos recursos que utiliza.

É necesario polo tanto a elaboración de ferramentas de axuda, prácticas e precisas, de doado e rápido acceso, que sirvan como guía os profesionais sanitarios no uso dos recursos de información.

O obxectivo deste documento é polo tanto elaborar guías de uso que sirvan de orientación e axuda aos profesionais sanitarios para o manexo eficiente de recursos de información específicos.