​​Dentro do proxecto Recursos de Información: Elaboración de guías de uso, enmarcado no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde 2009, avalia-t acaba de publicar as guías de uso da National Guideline Clearinghouse, base de datos e repositorio de guías de práctica clínica da Agency for Healthcare Research and Quality (AHRQ) e de ClinicalTrials.gov, web de U.S. National Institutes of Health (NIH), base que alberga unha extensa relación de ensaios clínicos patrocinados por organizacións sanitarias públicas e privadas, axencias federais estadounidenses e industrias vinculadas ao ámbito sanitario.