O principal obxectivo deste informe é avaliar a efectividade, seguridade e impacto económico do recambio valvular aórtico mediante próteses sen suturas.

 Os obxectivos específicos son dous: avaliar o balance beneficio risco en comparación coa substitución cirúrxica convencional e avaliar o balance beneficio risco respecto da implantación de válvulas transcateter (TAVI).