Os programas poboacionais de cribado de cancro de mama permiten o diagnóstico precoz para reducir a mortalidade por cancro de mama. En España existen programas poboacionais en todas as comunidades autónomas. Os programas convidan a participar a mulleres sas ou asintomáticas, polo que é necesaria unha información adecuada para que poidan realizar unha elección informada sobre a súa participación no cribado.
Os obxectivos deste traballo son:
 Elaborar recomendacións baseadas na evidencia sobre o momento, a forma e o contido da información escrita que debería ofrecerse para facilitar a participación informada nos programas de cribado de cancro de mama.
 Coñecer as características e a calidade da información escrita actual sobre cribado de cancro de mama dos programas españois.
 Coñecer a valoración das usuarias e dos profesionais sanitarios sobre as recomendacións baseadas na evidencia da información escrita que deben achegar os programas de cribado de cancro de mama.