Introdución:

A Radioterapia Intraoperatoria (RIO) é unha modalidade terapéutica que permite a administración única dunha alta dose de radiación ionizante durante a intervención cirúrxica no tumor non resecado ou no leito cirúrxico coa finalidade do control local do tumor. Dado que as taxas de recorrencia local son moi altas no cancro de páncreas e as estratexias terapéuticas ata o momento empregadas non lograron frear a alta letalidad deste tumor, a RIO preséntase como unha alternativa a
considerar.

Obxetivos:

Valorar a eficacia/efectividade e seguridade da RIO como tratamento no cancro de páncreas.
Valorar a calidade de vida dos pacientes con cancro de páncreas que han recibido tratamento con RIO.

Métodos:

Realizouse unha revisión da literatura científica dende xaneiro de 1995
ata febreiro de 2007 nas seguintes bases de datos:

Bases de datos especializadas en Revisions Sistemáticas:
tales como HTA (Health Technology Assessment) DARE  (Database of Abstracts of Reviews of Effectiveness), NHS EED (Economic Evaluation Database del National Health Service) e  Cochrane Library Plus.

Bases de datos generales: Medline, Embase e ISI Web os
Science.

Resultados:

Do resultado da busca bibliográfica seleccionáronse os 13 artigos
que cumprían os criterios de selección que se prefixaran. Un dos
estudos era un informe de avaliación sobre RIO, 4 eran estudos de cohortes retrospectivas e os 8 restantes eran estudos de series de casos, 2 dos cuales pertencían á mesma serie. En xeral mostran que a RIO podería aumentar lixeiramente a supervivencia en pacientes con cancro de páncreas en estadios localizados, non obstante os resultados non son concluíntes a favor de RIO no caso de cancro de páncreas en estadios localmente avanzados e metastásicos. Non existen estudos publicados que avalíen a calidade de vida.

Discusión:

A maior parte dos estudos primarios incluídos son series de casos nos
que non existe grupo de comparación. Non se describen en todos os estudos os resultados por separado en función da estadificación e existe variabilidade de aplicación de tratamentos e na descrición dos
resultados. En moitos dos estudos publicados o ámbito de realización é
Xapón o cal compromete a súa validez externa á hora de extrapolar os
resultados á nosa poboación de referencia.

Conclusiones y recomendaciones:

A principal conclusión é que no momento actual non existe clara
evidencia acerca dunha maior efectividade da RIO como tratamento
do cancro de páncreas fronte a outros tratamentos en estadios
localmente avanzados e metastásicos.