Introdución:

Os sarcomaes son neoplasias malignas derivadas do
tecido mesenquimatoso. A súa incidencia e prevalencia é baixa,
globalmente constitúen só o 1% dos tumores malignos. A
Radioterapia Intraoperatoria (RIO) é un tipo de terapia que permite
administrar unha dose alta de radiación ionizante durante a
intervención cirúrxica no tumor non resecado ou no leito
cirúrxico coa finalidade do control local do tumor. O seu principal
vantaxe é que permite a protección dos tecidos sans do feixe de
radiación. Pódese administrar cando existe enfermidade
microscópica residual e aínda que se empregan doses altas de radiación o risco de toxicidade está diminuído. Cada tecido ten un
comportamento propio ante a radiación pero pódese afirmar que
doses de 25 Gy normalmente son ben toleradas.

Obxectivos:

Valorar a eficacia, efectividade e calidade de vida
proporcionada pola RIO como tratamento nos sarcomaes de partes
brandas. Valorar a seguridade da RIO como tratamento nos
sarcomaes de partes brandas.

Métodos:

Realizouse unha revisión da literatura científica dende xaneiro de 1995 ata abril de 2007 nas seguintes bases de datos.
Bases de datos especializadas en revisións sistemáticas: HTA
(Health Technology Assessment), DARE (Database of Abstracts of
Reviews of Effectiveness), NHS EED (Economic Evaluation Database do
National Health Service), Trip database e a Cochrane Library Plus.
Bases de datos xerais: Medline, Embase e ISI Web of Science. Os
resultados da busca foron avaliados por dous revisores de modo
independente para analizar se se cumprían os criterios de inclusión,
aqueles potencialmente incluibles foron solicitados a texto completo.
A calidade dos estudos incluídos foi avaliada mediante unha escala
adaptada dun informe anterior sobre RIO en cancro de páncreas.

 

...............Ver Texto completo